Saltar ao contido
ClubScore

A pantalla do club

Como pór o marcador en calquera TV, introducir resultados desde o móbil e saír do paso cando algo falla. Todo o que hai aquí son cousas que pasan de verdade o día do torneo.

Antes de comezar

Cinco minutos pola mañá aforran media hora coa xente agardando.

  • Unha TV con navegador. Calquera smart TV dos últimos anos ten un.
  • A TV e o ordenador NON teñen que estar na mesma wifi: os dous falan co ClubScore por internet, non entre eles.
  • Proba a wifi onde vaia estar de verdade a TV, non no despacho.
  • Deixa clubscore.live/tv nos favoritos da TV. Agradecerasllo á próxima.
  • Comproba a hora do ordenador: se vai atrasada, o ClubScore pode liarse ao gardar.

A pantalla fixa do club

Para a tele de sempre: a do bar, a da recepción.

  1. 1En Club, abre «A pantalla do club» e preme «Faime o enderezo».
  2. 2Na tele, abre o navegador e escribe o enderezo. Ou preme «Enviar a unha TV» e faino co código, sen teclear.
  3. 3Listo. A partir de agora, escolle en Club que sae. A tele cambia soa.

Pór o torneo na TV

É o camiño bo: a TV vai por internet e vese con toda a calidade. Sen cables.

  1. 1Na TV, abre o navegador e vai a clubscore.live/tv. Aparecerá un código de catro letras ben grande.
  2. 2Desde o ordenador, a tableta ou o móbil, abre o teu torneo e preme «Enviar a unha TV».
  3. 3Escribe o código e preme «Enviar». A TV salta soa: alí non tes que tocar máis nada.

O código caduca: se a TV leva media hora amosándoo e ninguén o usou, xera un novo. Se o escribiches e non pasa nada, mira se o da TV cambiou.

Se a TV come as marxes

É o problema máis común e non é culpa túa nin do ClubScore.

Moitas TV —sobre todo as LG— amplían un pouco a imaxe e amosan só o centro. Chámase overscan, vén da televisión analóxica, e moitos navegadores de TV non che deixan apagalo. Notarasllo porque falta a columna da dereita ou a fila de abaixo.

  1. 1No cadro de «Enviar a unha TV» hai un regulador de marxe con − e +. Envíao con «Vese todo» e mira como queda.
  2. 2Se falta a dereita ou o pé, preme + dúas ou tres veces.
  3. 3Preme «Reenviar á última TV» e mira outra vez. Repite ata que vexas as marxes.

Lémbrase para a próxima: unha vez acertado o da túa TV, non o volverás tocar.

Se a TV non ten navegador

Plan B: cable HDMI do ordenador. Funciona sempre, pero vese peor.

O que lle tes que pedir ao ordenador ten nome, e sabelo aforra media hora buscando.

  • Pantalla estendida — a TV é unha segunda pantalla independente. O marcador vai alí e o panel quédache no ordenador. É o que queres.
  • Duplicar — a TV amosa unha copia exacta do ordenador. Funciona, pero tes que ir saltando entre marcador e panel, e o público ve todo o que fas.

No Mac: Configuración do Sistema → Pantallas → preme a TV → «Usar como» → Pantalla estendida. Pantalla completa con ⌃⌘F. En Windows: tecla ⊞ + P → Estender, e despois F11.

Introducir resultados desde o móbil

A pé de pista, e o marcador da TV refréscase só.

  1. 1No móbil, entra en clubscore.live coa conta do club.
  2. 2Preme «Modo móbil» — o botón co debuxo dun teléfono. Está na lista de torneos e dentro do torneo. Se entras por Club, vai antes ao panel do deporte («Cada deporte, o seu panel») ou preme «Día de partido» na tarxeta do torneo.
  3. 3Escolle torneo e categoría: botóns grandes de + e − pensados para o dedo.

Por que o modo móbil e non o panel normal: o modo móbil está a escoitar a nube en directo e traballa sempre coa última versión, aínda que outra persoa estea a meter resultados no ordenador. O panel grande non o fai, e se o deixas aberto pode quedar atrás.

Cantos aparellos á vez? Os que queiras: non hai límite. A única regra é de sentido común: repartide os partidos, porque se dúas persoas tocan o mesmo partido no mesmo segundo, vale o último toque.

Cando a wifi vai feble

As pistas de fóra son o punto negro de case todos os clubs.

O ClubScore aguanta ben os cortes curtos: o que escribes no móbil non se perde, queda gardado no aparello e sobe cando volve a cobertura. O que pasa é que a TV queda co resultado anterior ata que sobe.

  • Se ves que a TV vai atrasada, mira a cobertura do móbil antes de tocar máis nada. Adoita ser iso.
  • Se tes que traballar un anaco sen cobertura, apunta os resultados en papel e métenos todos xuntos cando volva a wifi.
  • Se repartides QR aos xogadores, proba antes a wifi das pistas. Se alí non chega, os xogadores non poderán, e quen queda mal é o club.

Se sae un aviso amarelo

«A pantalla non se actualizou.»

Quere dicir que na nube hai cambios máis novos ca os deste navegador: normalmente porque alguén meteu un resultado noutro aparello, ou un club convidado gardou a súa parte. Non perdiches nada — o que tes na pantalla está todo. É só que o ClubScore non quere pisar o traballo do outro.

  • Desde o móbil: adoita resolverse só. Sae do modo móbil e volve entrar.
  • Desde o ordenador: importa a copia da nube e continúa desde alí.
  • Se non marcha: comproba a hora do ordenador. Unha máquina atrasada provoca exactamente este aviso, unha vez tras outra.

Os cinco problemas de verdade

Os que pasan de verdade, e que facer.

PasaFai
Falta a dereita ou o péSobe a marxe con + e preme «Reenviar á última TV». Repite ata que caiba
A TV non cambia nuncaMira en «A pantalla do club» que tes escollido. Se a tele di «Este enderezo xa non se usa», pon o novo.
A TV vai atrasadaCobertura do móbil. Volve cando haxa wifi
Aviso amarelo que non marchaA hora do ordenador; despois importa da nube
O código non funcionaRecarga clubscore.live/tv: xerará un novo

Queres probalo no teu club? O plan gratuíto dá para un torneo enteiro, e velo na TV tamén entra.

Entrar en ClubScore